Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Matemáticas: Cálculo II
   Plan de Continxencias
 
Descrición
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID-19, a Universidade establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen, atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dunha maneira máis áxil e eficaz ao ser coñecido con antelación polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.


1. Modalidade semipresencial

No caso de activarse o ensino semipresencial suporía unha redución dos aforos dos espazos docentes empregados na modalidade presencial, polo que como primeira medida o centro proporcionaría ao profesorado da materia a información relativa aos novos aforos dos espazos docentes, ao obxecto de que poida proceder a reorganizar as actividades formativas do que resta do cuadrimestre. Cabe sinalar que a reorganización dependerá do momento ao longo do cuadrimestre en que se active dita modalidade de ensino. Na reorganización dos ensinos seguiríanse as seguintes pautas:

Informarase a todo o alumnado a través da plataforma FaiTIC das condicións en que se desenvolverán as actividades formativas e as probas de avaliación que resten para finalizar o cuadrimestre.

As sesións de titorización realizaranse por medios telemáticos: de forma asíncrona mediante correo electrónico, foros de FaiTIC, etc. ou de forma síncrona mediante o despacho virtual do Campus Remoto con concertación de cita previa.

No caso de que parte do alumnado teña realizadas prácticas de laboratorio de informática de forma presencial, realizaranse presencialmente, de ser posible, estas actividades ou outras equivalentes para o alumnado que non as realizou.

Das actividades que resten para finalizar o cuadrimestre, identificaranse aquelas actividades formativas que poidan ser realizadas por todo o alumnado de forma presencial e as actividades formativas que se realizarán en modo remoto.

En relación as ferramentas para empregar nas actividades formativas que se realicen en modo non presencial, contarase co uso de Campus Remoto e a plataforma FaiTIC.


2. Modalidade non presencial

No caso en que se active a modalidade de ensino non presencial (suspensión de todas as actividades formativas e de avaliación presenciais) empregaranse as ferramentas dispoñibles na actualidade na Universidade de Vigo: Campus Remoto e FaiTIC. As condicións de reorganización dependerán do momento ao longo do cuadrimestre en que se active dita modalidade de ensino. Na reorganización dos ensinos seguiríanse as seguintes pautas:

2.1. Comunicación
Informar a todo o alumnado a través da plataforma FaiTIC das condicións nas que se desenvolverán as actividades formativas e as probas de avaliación que resten para finalizar o cuadrimestre.

2.2. Adaptación e/ou modificación de metodoloxías docentes
Aínda que as metodoloxías docentes están concibidas para a modalidade de ensino presencial a idea é manter todas as metodoloxías docentes, dado que poden adaptarse á modalidade non presencial con lixeiros cambios.

As metodoloxías "Lección maxistral" e "Resolución de problemas" abordaríanse coa axuda de Campus Remoto e complementaríanse con algún documento adicional con explicacións e algún test de autoavaliación de apoio á aprendizaxe autónoma.

A metodoloxía "Prácticas con apoio do TIC" adaptaríase lixeiramente á modalidade non presencial, utilizando o Campus Remoto para as explicacións e a supervisión das mesmas.

2.3. Adaptación de atención de titorías e atención personalizada
As sesións de titorización realizaranse por medios telemáticos: de forma asíncrona mediante correo electrónico, foros de FaiTIC, etc. ou de forma síncrona mediante o despacho virtual do Campus Remoto con concertación de cita previa.

2.4. Avaliación
O sistema de avaliación manteríase, levándose a cabo as probas de forma non presencial mediante Campus Remoto e FaiTIC.

2.5. Bibliografía ou material adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
Non se considera necesario.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000