A cualificación de avaliación continua (CC), calcularase así: CC=0,5xNP+0,5xNT Os alumnos poderán optar a que esa sexa a súa cualificación en actas (CA), sen necesidade de presentarse a ningunha proba adicional, a condición de que se cumpran os seguintes requisitos: a) Que a media das notas parciais (NP) sexa maior ou igual a 5 puntos. b) Obter en todas as probas parciais un mínimo de 3 puntos. c) Que a cualificación do traballo tutelado sexa maior ou igual a 5 puntos Tanto na primeira convocatoria como en xullo realizarase un exame final (EF). A cualificación en actas (CA) para aqueles alumnos que non queiran ou non poidan optar á nota de cualificación continua farase con arranxo á seguinte fórmula: CA=0,7xEF + 0,3xNT Tanto nas sesións de aula como de laboratorio realizarase un seguimento do nivel de asistencia. Aqueles alumnos que non alcancen un nivel de asistencia mínimo do 80%, non poderán optar a superar a materia por avaliación continua. Para superar materia é necesario superar as Prácticas de Laboratorio. As Prácticas de Laboratorio avalíanse sesión a sesión en base á asistencia, puntualidade, preparación previa e aproveitamento. Na opción de Xullo, así como na de fin de carreira puntúase cun 30% o traballo e cun 70% el exame final Calendario de exames. Verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro: http://minaseenerxia.uvigo.es/gl/docencia/exames |