Avaliación Continua (EC, 20%) Salvo que non haxa tempo, ao longo do cuadrimestre haberá un exame de cada un dos capítulos vistos en clase (Teoría+Práctica). Exame Final (EF, 80%) - Sesión Maxistral (40%) No Exame Final (EF_SM) haberá un bloque de preguntas correspondente a cada un dos capítulos vistos en clase (Teoría+Prácticas) -Resolución de problemas e/ou exercicios (40%) No Exame Final (EF_RP) haberá varios problemas correspondentes aos capítulos vistos en clase (Teoría+Prácticas) Nota Final (NF): A Nota Final (NF) obterase aplicando a seguinte formula: NF=(NEC+NEF_SM)+NEF_RP Para aprobar a materia, téñense que cumprir simultaneamente as 3 condicións seguintes: 1.- Que NF>=5.0 puntos sobre 10. 2.- Que (NEC+NEF_SM) de cada capítulo, sexa >=2.0 puntos sobre 6. 3.- Que NEF_RP de
cada capítulo, sexa >=1.3 puntos sobre 4. No caso de que non se cumpra aa 2ª e/ou 3ª condición, a cualificación máxima será
de 4.5 sobre 10. (NF: Nota Final, NEC: Nota Avaliación Continua,
NEF_SM: Nota Exame Final Sesión Maxistral, NEF_RP: Nota Exame Final
Resolución Problemas) Os alumnos deberán levar aos exames de Avaliación Continua e Finais os PowerPoints subidos a Faitic. As Notas das Avaliacions Continuas (NEC) guardanse pra convocatoria de Xulio. A data dos exames de EC fíxaos o profesor. A data do EF fíxao a dirección da Escola. Calendario de exames. Verificar/consultar de forma
actualizada na páxina web do centro: http://minaseenerxia.uvigo.es/gl/docencia/exames |