Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Grao en Enxeñaría da Enerxía
 Materias
  Mecánica de solos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Exame escrito de cuestións de resposta curta ou tipo test. Exame escrito de resolución de problemas e/ou exercicios. Cada unha das partes do exame avalía un 35%.
Mediante esta metodoloxía avaliaranse todos os resultados de aprendizaxe obxectivo da materia.
65 C12
D1
D2
D3
D5
D6
D7
D8
D9
Resolución de problemas Probas escritas consistentes na resolución de problemas similares aos expostos ao longo do curso.
Mediante esta metodoloxía avaliaranse os seguintes resultados de aprendizaxe obxectivo da materia: Aplicar ao cálculo e deseño, os aspectos básicos das leis da elasticidade, elasto-plasticidade, fluxo de auga en medios continuos, consolidación e resistencia que rexen o comportamento dos solos e rocas. Deseño de muros de contención e cimentacións. Tomar decisións de deseño e resolver problemas en base aos coñecementos científicos adquiridos. Asimilación do concepto base da mecánica de rocas e solos: o enxeñeiro non selecciona os materiais senón que debe aproveitar na mellor maneira posible o que o terreo lle dá (apego á Natureza), e a influencia da variabilidade dos parámetros de entrada nos resultados finais. Resolver problemas adecuándose ás especificidades de proxecto, amoldándose ás circunstancias concretas.
20 C12
D1
D2
D3
D5
D6
D7
Prácticas de laboratorio Avaliación a través da entrega e presentación en público dos informes/memorias grupales das prácticas de laboratorio realizadas.
Mediante esta metodoloxía avaliaranse os seguintes resultados de aprendizaxe obxectivo da materia: Capacidade de consultar a base tecnolóxica sobre a que se apoian as investigacións máis recentes no ámbito da xeotecnia e a mecánica de solos e rocas. Caracterizar, clasificar e interpretar ensaios experimentais de resistencia e consolidación en solos rocas. Tomar decisións de deseño e resolver problemas en base aos coñecementos científicos adquiridos. Asimilación do concepto base da mecánica de rocas e solos: o enxeñeiro non selecciona os materiais senón que debe aproveitar na mellor maneira posible o que o terreo lle dá (apego á Natureza), e a influencia da variabilidade dos parámetros de entrada nos resultados finais. Resolver problemas adecuándose ás especificidades de proxecto, amoldándose ás circunstancias concretas.
15 C12
D1
D2
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na convocatoria ordinaria, a avaliación completa das prácticas de
laboratorio require a asistencia ao laboratorio, a entrega dunha memoria
grupal e a exposición e discusión en público dos principais resultados
obtidos. Á súa vez, é obrigatoria a asistencia e resolución de
exercicios/problemas propostos durante o curso para optar á
cualificación total asociada a este epígrafe. En todo caso, a
cualificación
final será a suma das notas dos traballos propostos durante o curso (ata
o 35%) e do exame (ata
o 65%).

En convocatorias posteriores do mesmo curso, o
exame puntuará o 85% da nota final e gardarase a nota obtida nas
prácticas de laboratorio, ao considerarse a cualificación desta proba
non recuperable.

Aos alumnos que non cursen por primeira vez a materia gardaráselles,
durante un ano, a nota de prácticas de laboratorio anteriormente obtida.

Calendario de exames. Verificar/consultar de forma
actualizada na páxina web do centro:

http://minaseenerxia.uvigo.es/gl/docencia/exames


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000