Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Grao en Enxeñaría da Enerxía
 Materias
  Mecánica de fluídos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio As medicións e os resultados destas, pedidos na memoria de cada práctica, serán avaliados co 10% do total da nota. A entrega das memorias será obrigatoria.

RESULTADOS DE APRENDIZAXE:
Comprender os aspectos básicos da Mecánica de Fluídos e Hidráulica. Capacidade para a aplicación deses coñecementos básicos na resolución de problemas de Mecánica de fluídos e hidráulica. Coñecer os procesos experimentais máis utilizados cando se traballa con fluxos de fluídos. Dominar as técnicas actuais dispoñibles para a análise de fluxos de fluídos. Adquirir habilidades sobre o proceso de análise dos problemas industriais onde o fluído é o medio de traballo.
10 C15
D1
D2
D3
D4
D5
D10
Exame de preguntas de desenvolvemento Esta proba coincidirá co exáme final e será realizada unha vez finalizadas as clases.

RESULTADOS DE APRENDIZAXE:
Comprender os aspectos básicos da Mecánica de Fluídos e Hidráulica. Capacidade para a aplicación deses coñecementos básicos na resolución de problemas de Mecánica de fluídos e hidráulica. Coñecer os procesos experimentais máis utilizados cando se traballa con fluxos de fluídos. Dominar as técnicas actuais dispoñibles para a análise de fluxos de fluídos. Adquirir habilidades sobre o proceso de análise dos problemas industriais onde o fluído é o medio de traballo.
90 C15
D1
D2
D3
D4
D5
D10
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas 0
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

 Metodoloxía de avaliación:

- Realizaranse dúas probas de avaliación continua valoradas de 0 a 1 punto cada unha. Máximo 2 puntos. [C_pec]

- Realizaranse dúas xornadas de laboratorio, con entregables, valoradas de 0 a 0.5 puntos cada unha. Máximo 1 punto. [C_lab]
- Realizarase un exame final, valorado de 0 a 10 puntos.[C_ex]
Para computar a nota total [C_actas] empregarase a seguinte fórmula, onde C_actas terá que resultar igual ou maior a 5 para aprobar o curso:
De maneira ordinaria: C_actas = (C_pec + C_lab) + C_ex *(1 - (C_pec + C_lab)/10)
No caso de renuncia oficial aceptada: C_actas = C_ex

No exame extraordinario de xuño mantense o mesmo modelo de avaliación que para a convocatoria ordinaria.

Calendario de exames. Verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro:

http://minaseenerxia.uvigo.es/gl/docencia/exames


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000