Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas(Repetida non usar) |
Memoria de prácticas realizada polo estudiante. |
20 |
A4
|
B6
|
C3 C5
|
D1 D2 D3
|
NORMATIVA
DE DESENVOLVEMENTO DAS PRÁCTICAS EXTERNAS CURRICULARES NO MESTRADO EN AVOGACÍA
DA FACULTADE DE CIENCIAS XURÍDICAS E DO TRABALLO: ARTIGO 11: AVALIACIÓN DAS
PRÁCTICAS 1. A avaliación das prácticas será levada a cabo polo titor/a
académico/a asignado ao alumno. Para poder ser avaliado positivamente é
necesario: a) Non faltar inxustificadamente a máis dun 10% das horas que
conforman a práctica. b) Que a cualificación global que figure no Informe de
Seguimento emitido polo titor/a da entidade externa sexa igual ou superior a
cinco puntos sobre dez. c) Entregar ao titor/a académico/a no prazo previamente
establecido dende a dirección do Mestrado a Memoria de Prácticas Externas,
axustándose ao modelo incorporado ao Anexo I da presente normativa. 2. O
titor/a académico/a elaborará un Informe de Valoración Final no que determinará
a cualificación final. Para iso terá en conta de forma prioritaria o Informe de
Seguimento remitido polo titor/a da institución colaboradora e a Memoria
presentada polo alumno/a, pero poderá valorar tamén o interese demostrado polo
estudante, as titorías académicas levadas a cabo en relación coa práctica, así
como calquera outro factor do que se deduza un bo resultado na aprendizaxe. 3.
En función de todos estes factores, se a cualificación obtida no Informe de
Seguimento do titor/a da entidade colaboradora é igual ou superior a cinco, o
titor/a académico/a poderá incrementar a cualificación do alumno até en dous
puntos e medio, sen que a cualificación final poida superar os dez puntos. Pola
contra, o titor/a non poderá rebaixar a nota asignada ao alumno/a no Informe de
Seguimento emitido polo titor da institución colaboradora que poderá ser ata 8
puntos . 4. No caso de que o estudante non reúna algún dos tres requisitos
enumerados nos apartados a), b) e c) deste precepto, recibirá a cualificación
de “Suspenso”. SEGUNDA CONVOCATORIA: Aplicarase
igualmente o citado artigo 11 da Normativa de prácticas externas.
As datas de entrega dos informes do titor externo e da memoria de prácticas
realizada polo estudante será a aprobada pola Comisión Académica do mestrado. |