Para ter dereito a ser
avaliado polo sistema de avaliación continua, o alumno deberá asistir,
polo menos, a un 75% das clases presenciais. Primeira oportunidade
de exame:
1. - Os alumnos que se someten a avaliación continua serán
avaliados conforme aos criterios que se indicaron máis arriba: resultado
da avaliación continua (20%), proba tipo test (40%), proba práctica
relativa ao estudo de casos (40%). 2. - Para os alumnos que non se
someten a avaliación continua, ou que queden excluídos do devandito
sistema a súa cualificación estará integrada na súa totalidade" polo
resultado obtido" "nun exame final, que consistirá nunha proba
teórico-práctica, que terá que defenderse ante un tribunal integrado por profesores da materia. Segunda oportunidade de exame: 1. -
No exame de xullo os alumnos que se someteran ao sistema de avaliación
continua conservarán a nota que obtiveran no curso. 2. - Para os alumnos
que non se someten a avaliación continua, ou que queden excluídos do
devandito sistema a súa cualificación estará integrada na súa
totalidade polo resultado obtido nun exame final, que consistirá
nunha proba teórico-práctica, que terá que defenderse ante un tribunal
integrado por profesores da materia. |