Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Máster Universitario en Xestión e Dirección Laboral
 Materias
  Organización da Prevención na Empresa
   Plan de Continxencias
 
Descrición


ADAPTACIÓN DAS METODOLOXIAS
No caso de que as condicións sanitarias obriguen a suspender a docencia presencial, continuarase a docencia de maneira virtual a través da plataforma de Teledocencia Faitic e das aulas vituales da Universidade de Vigo. Na medida do posible os contidos da materia non se alterarán e, se fose necesaria bibliografía adicional, o profesorado a porá a disposición do alumnado en Faitic. Os estudantes serán atendidos de maneira personalizada a través do correo electrónico ou ben de titorías virtuais.

ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN

A avaliación poderá ser adaptada, tendo sempre en conta o obxectivo de favorecer a aprendizaxe do alumnado. As adaptacións dependerán do momento no que se produza a cancelación da docencia presencial. En todo caso, conservaranse as notas obtidas en probas presenciais ou ben na asistencia e participación nas clases
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000