Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Prácticas en empresas
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

* Metodoloxías docentes que se modifican
No caso de imposiblidade de realizar as prácticas presenciais en entidades externas, e non se poidan realizar de xeito telemático, cada alumno/a redactará unha memoria/informe final que supervisará un titor/a que teña a condición de titor/a académico.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
As titorías se desenvolverán de xeito telemático, a través do despacho virtual do campus remoto, asignado ao titor/a académico.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Probas que se modifican
No caso de que non exista posibilidade de realizar as prácticas presenciais nunha empresa, non se poidan realizar de xeito telemático, e o/a estudante teña a única alternativa de redactar a memoria/informe final, esta terá un valor do 100% da nota final. Será avaliada polo titor/a académico, en canto responsable das prácticas.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000