Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Políticas sociolaborais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Durante o cuadrimestre realizaranse 2 probas tipo
test/cuestionarios sobre unha parte dos contidos teóricos da
materia. A cualificación obtida en cada test suporá un 15% da
nota final. En ningún caso a superación destes cuestionarios
liberará de materia de cara á realización do exame final. As
datas de celebración de cada test/cuestionario serán fixadas polo
docente no cronograma da materia.
30 A2
A5
B3
B5
Práctica de laboratorio Os contidos prácticos da materia serán avaliados nunha
proba/exame final. Trátase dunha proba/exame práctico
consistente na resolución, por escrito, dun suposto/caso práctico
no que o alumnado aplicará os coñecementos prácticos
adquiridos durante o cuadrimestre. A cualificación obtida nesta proba
suporá o 25 % da nota final.
25 A2
A3
A4
B1
B2
B3
B5
C7
D2
Exame de preguntas de desenvolvemento Os contidos teóricos da materia serán avaliados nunha
proba/exame final. Trátase dunha proba teórica e escrita, que
incluirá entre 5 e 7 preguntas de desenvolvemento sobre os
distintos epígrafes do programa. O alumnado deberá demostrar a
adquisición de coñecementos teóricos da materia en respostas de extensión
intermedia. A cualificación obtida nesta proba suporá o
30 % da nota final.
30 A2
A3
A4
A5
C7
D2
D4
Resolución de problemas e/ou exercicios A participación e intervención nas clases teóricas e prácticas, a
preparación dos supostos prácticos ou das sesións teóricas, cando así
proceda, a asistencia a actividades formativas organizadas pola Área
de Dereito do Traballo e, en xeral, calqueira actividade desenvolvida
polo alumnado ao marxe das probas obxectivas parciais e finais
serán avaliados polo docente durante todo o cuatrimestre, tendo un
valor sobre a cualificación final do 15%.
EN TODO CASO, PARA QUE A CUALIFICACIÓN FINAL OBTIDA NA
PARTICIPACIÓN EN CLASE E NAS PROBAS TIPO TEST POIDA SUMARSE
Á CUALIFICACIÓN OBTIDA NAS PROBAS FINAIS DE RESPOSTA LONGA E DE CASO PRÁCTICO, NESTAS DÚAS ÚLTIMAS PROBAS DEBERÁ
ALCANZARSE UNHA NOTA MEDIA DE 4.00 SOBRE 10 POSIBLES. DE
NON SER ASÍ, A CUALIFICACIÓN OBTIDA NA EVALUACIÓN CONTINUA
NON SE TERÁ EN CONTA, AINDA QUE PODERÁ CONSERVARSE PARA A CONVOCATORIA DE XULLO QUE SE APRICARÁ A MESMA REGRA
15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
CONVOCATORIA ORDINARIA MAIO/XUÑO (sistema de avaliación continua/sistema de avaliación final)

a) Avaliación continua. Ao comezo do curso, o alumnado deberá manifestar a súa vontade de someterse ao sistema de avaliación continua. Para poder optar por este sistema, deberá acreditar asistencia ao 80 % das clases teóricas e prácticas.
En caso contrario, sempre poderá acollerse ao sistema de avaliación final. 
b) Avaliación final. Os alumnos que non se acollan ao sistema de avaliación continua, serán avaliados nun exame final. Trátase dunha proba escrita, de carácter teórico e práctico, sobre todos os contidos da materia e representará o 100% da nota final (60 por 100 a parte teórica e 40 por 100 a práctica) 

CONVOCATORIA ORDINARIA DO MES DE XULLO:
Se o/o alumno/a non superase a materia na convocatoria ordinaria do mes de maio/xuño, a nota obtida na avaliación continua
desenvolvida durante o curso conservarase para a convocatoria do mes de xullo. Con todo, se non superase a materia nas dúas
citadas convocatorias do curso académico, o/o alumno/a tería que someterse a un novo proceso de avaliación continua, agás que opte pola avaliación final teórica e práctica. 
Na convocatoria FIN DE CARREIRA o alumno será avaliado nun único exame escrito, de carácter teórico e práctico e que
representará o 100% da nota final (60 por 100 a parte teórica e 40 por 100 a práctica). As datas de exame son aprobadas pola Xunta de Facultade e publicadas na web da Facultade.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000