Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Políticas sociolaborais
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONALES PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una
planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen
atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou
non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento
da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o
profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

CIRCUNSTANCIAS EXCEPCIONAIS:

1. No apartado “resolución de problemas e/ou exercicios”, a porcentaxe do 15%, se aplicará sobre a resolución dos exercicios realizados polo alumno de forma individual e presentados a través da plataforma FAITIC.

2. O exame final para os alumnos de avaliación continua consistirá nun cuestionario virtual –teórico e práctico-. A calificación obtida nesta proba suporá o 55% da nota final.

3. Os alumnos que non se acollan ao sistema de avaliación continua, serán avaliados nun exame final. Se tratará da solución dun cuestionario virtual -teórico e práctico-, sobre todos os contidos da materia e representará o 100% da nota final.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000