Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Dereito de sociedades e cooperativas
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas as actividades docentes (leccións maxistrais, prácticas de resolución de exercicios, preparación de traballos…) manteranse mediante a utilización combinada de FaiTic e Campus Remoto.
* Metodoloxías docentes que se modifican
Non se modificarán as metodoloxías.
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
A atención personalizada realizarase mediante a utilización combinada de FaiTic (foros, corrección comentada de tarefas…) e do Campus Remoto (titorías persoais e en grupo).
* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Non se modificarán os contidos.
* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
Para facilitar o acceso online á bibliografía o profesorado ampliou no posible as referencias a recursos electrónicos e dixitalizados. O alumnado ten á súa disposición todo o material elaborado polos profesores e utilizado nas aulas.
* Outras modificacións
Non se realizarán outras modificacións.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Consérvanse as probas e porcentaxes de avaliación da materia. Non obstante, no caso de suspensión das clases presenciais e peche do Centro e Bibliotecas da Universidade, o examen final será substituido pola entrega dun traballo, cuxas caracteristas serán definidas no momento en que tal eventualidade teña lugar.
* Información adicional
Os exames realizaranse a través das aulas do Campus Remoto e das actividades, ferramentas e recursos de FaiTic.
Cando sexa necesario utilizar materiais específicos para realizar as probas, estes poderán proxectarse na aula virtual do Campus Remoto e/ou descargarse a través dunha tarefa en FaiTic.
A entrega dos exames realizarase tamén, sempre que sexa posible, a través dunha tarefa en FaiTic. De existiren problemas técnicos insalvables, poderanse utilizar como vías alternativas o correo electrónico ou unha fotografía da proba enviada a través dun móbil.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000