Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Prevención de riscos laborais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Durante o cuatrimestre se realizarán 2 probas tipo
test/cuestionarios sobre unha parte dos contidos teóricos da
materia. A cualificación obtida en cada test suporá un 15% da nota
final (é dicir, un 30% entre os dous). En ningún caso a superación
destes cuestionarios liberará de materia de cara á realización do
examen final. As datas de celebración de cada test/cuestionario
serán fixadas polo docente no cronograma da materia.
30 A2
B1
B2
B5
D4
Resolución de problemas e/ou exercicios Neste apartado se avaliará a resolución e debate en clase de casos prácticos previamente plantexados polo profesor. A cualificación máxima que se pode obter nesta parte suporá un 15% da nota final. 15 B1
B2
B3
B4
B5
Exame de preguntas de desenvolvemento Os contidos teóricos da materia serán avaliados nunha
proba/examen final. Trátase dunha proba teórica e escrita, que incluirá entre 3 e 5 preguntas de desenvolvemento sobre os
distintos epígrafes do programa. O alumnado deberá demostrar a
adquisición de coñecementos teóricos da materia en respostas de extensión intermedia. A cualificación obtida nesta proba suporá o 30% da nota final. Os contidos prácticos serán avaliados nunha proba práctica que suporá o 25% da nota final. Entre as dúas
suman un 55% da nota final.
55 A2
A4
B1
B2
B3
B5
C12
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

SISTEMA DE AVALIACION CONTINUA
EN TODO CASO, PARA QUE A CUALIFICACIÓN FINAL OBTIDA NA PARTICIPACIÓN EN CLASE E NAS PROBAS TIPO TEST POIDA
SUMARSE Á CUALIFICACIÓN OBTIDA NAS PROBAS FINAIS DE RESPOSTA LONGA E DE CASO PRÁCTICO, NESTAS DÚAS
ÚLTIMAS PROBAS DEBERÁ ALCANZARSE UNHA NOTA MEDIA DE 4 SOBRE 10. DE NON SER ASÍ, A CUALIFICACIÓN OBTIDA NA
EVALUACIÓN CONTINUA NON SE TERÁ EN CONTA, AINDA QUE PODERÁ CONSERVARSE PARA O CURSO ACADEMICO
SEGUINTE, NO QUE SE APLICARÁ A MESMA REGRA.
SISTEMA DE AVALIACIÓN FINAL: Aqueles/as alumnos/as que non se acollan ao sistema de avaliación continua serán avaliados nun examen final. Trátase
dunha proba escrita, de carácter teórico e práctico, sobre todos os contidos da materia e representará o 100% da nota final.
CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA:
Na convocatoria fin de carreira o/a alumno/a será avaliado nun único examen escrito, de carácter teórico e práctico e que
representará o 100% da nota final.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000