Exame de preguntas obxectivas |
Durante o cuatrimestre realizaranse 2 probas tipo test/cuestionarios sobre unha parte dos contidos teóricos da materia. A cualificación obtida en cada test supoñerá un 10% da nota final. En ningún caso a superación destes cuestionarios liberará de materia de cara á realización do exame final. As datas de celebración de cada test/cuestionario serán fixadas polo docente no cronograma da materia. Total 20%.
|
20 |
A2 A3 A4 A5
|
B2 B3
|
|
D1 D5
|
Práctica de laboratorio |
A participación e intervención nas clases teóricas e prácticas, a
preparación dos supostos prácticos ou das sesións teóricas, cando así
proceda, a asistencia a actividades formativas organizadas pola Área
de Dereito do Traballo e, en xeral, calqueira actividade desenvolvida
polo alumnado ao marxe das probas obxectivas parciais e finais,
serán avaliados polo docente durante todo o cuatrimestre, tendo un
valor sobre a cualificación final do 25%.
EN TODO CASO, PARA QUE A CUALIFICACIÓN FINAL OBTIDA NA
PARTICIPACIÓN EN CLASE E NAS PROBAS TIPO TEST POIDA SUMARSE
Á CUALIFICACIÓN OBTIDA NAS PROBAS FINAIS DE RESPOSTA LONGA E
DE CASO PRÁCTICO, NESTAS DÚAS ÚLTIMAS PROBAS DEBERÁ
ALCANZARSE UNHA NOTA MEDIA DE 4.00 SOBRE 10 POSIBLES. DE
NON SER ASÍ, A CUALIFICACIÓN OBTIDA NA EVALUACIÓN CONTINUA
NON SE TERÁ EN CONTA, AINDA QUE PODERÁ CONSERVARSE PARA A
CONVOCATORIA DE XULLO, NA QUE SE APLICARÁ A MESMA REGRA. |
25 |
|
|
|
|
CONVOCATORIA COMÚN DECEMBRO/XANEIRO (Sistema de avaliación continua/sistema avaliación final)
a) Avaliación continua. Ao comezo do cuatrimestre, o alumnado deberá
manifestar, a súa vontade de someterse ao sistema de avaliación continua. Para
poder optar ao sistema de avaliación continua, o alumnado deberá acreditar
asistencia a un 80 % das clases teóricas e prácticas. En caso contrario, sempre
poderá acollerse ao sistema de avaliación final.
b) Avaliación final. Aqueles/as alumnos/as que non se acollan ao sistema de
avaliación continua, serán evaluados nun exame final. Trátase dunha proba
escrita, de carácter teórico e de carácter práctico, sobre todos os contidos da
materia e representará o 100% da nota final. Sendo o 60% a parte teórica e un
40% a parte práctica.
CONVOCATORIA COMÚN XULLO
Si o/a alumno/a non superase a materia na convocatoria común do mes de xuño, a
nota obtida na avaliación continua desenvolvida durante o curso conservarase
para a convocatoria do mes de xullo. Con todo, si non superase a materia nas
dúas citadas convocatorias do curso académico, o/a alumno/teríaa que someterse
a un novo proceso de avaliación continua, agás que opte pola avaliación final
teórica e práctica.
CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA
Na convocatoria fin de carreira o/a alumno/seraa evaluado nun único exame
escrito, de carácter teórico e práctico e que representará o 100% da nota
final, sendo un 65% a teoría e un 35% a práctica. |