Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Dereito financeiro e tributario II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario A asistencia participativa a clases e seminarios terá relevancia na nota final. 10
Resolución de problemas e/ou exercicios Nos Seminarios realizaranse probas de resposta curta ou test exclusivamente aos alumnos que se sometan a avaliación continua. A nota media dos distintos exames de resposta curta constituirán o 20% da nota final dos devanditos alumnos. 20
Exame de preguntas obxectivas Proba final que consta de dúas partes: unha práctica escrita (na que o alumno terá que resolver un ou varios casos prácticos), e unha teórica oral (na que se formularán distintas preguntas sobre o temario da materia).
Para os alumnos que se someten ao sistema de avaliación continua esta proba represenará o 70% da súa nota final.
Para os alumnos que NON se someten ao sistema de avaliación continua, a súa cualificación estará integrada polo 70% da cualificación obtida no exame
téorico oral e o 30% pola cualificación obtida no exame práctico escrito, sendo este último diferente ao que realicen os alumnos de avaliación continua.
70
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
O temario que figura no apartado de contidos constitúe unha versión resumida das leccións que serán obxecto de exame.

Oportunamente, ao comezo do curso académico, proporcionaráselle ao alumno un programa máis detallado cos epígrafes que conforman cada lección. 

PRIMEIRA OPORTUNIDADE DE EXAME: 

1.- Os alumnos que se someten a avaliación continua serán avaliados conforme aos criterios que se indicaron máis arriba: proba final (70%), probas de resposta curta ou test (20%) e Outras (10%). Na proba final, o exame de teoría e oral supoñerá o 80% e o práctico, por escrito, supoñerá un 20%. En todo caso, o alumno deberá alcanzar unha cualificación mínima de 4 sobre 10 na proba final para que se lle teñan en conta as cualificacións obtidas mediante o sistema de avaliación continua. Para ser avaliado de forma continua é necesaria a asistencia ás clases teóricas e prácticas con regularidade (en ningún caso a inasistencia a clase poderá ser superior ao 10% das horas de docencia).
 

2.- Os alumnos que NON se someten a avaliación continua, ou que queden excluídos do devandito sistema, a súa cualificación estará
integrada polo 70% da cualificación obtida no exame teórico oral e o 30% da cualificación obtida no exame práctico escrito, nos que se avaliarán todas as competencias.

SEGUNDA OPORTUNIDADE DE EXAME: 

1.- No exame de xullo realizarase unha proba final, que constará de dúas partes: unha práctica escrita (na que se resolverán un ou varios casos prácticos) e unha teórica oral (na que se formularán distintas preguntas sobre o temario da materia).  

2.- Os alumnos que se someteron ao sistema de avaliación continua conservarán a nota que obtivesen no curso. 

3.- Para os alumnos que non se someten a avaliación continua, ou que queden excluídos do devandito sistema, a súa cualificación estará integrada polo 70% da cualificación obtida no exame teórico oral e o 30% da cualificación obtida no exame práctico escrito, sendo este último diferente ao que realicen os alumnos de avaliación continua.
 

4.- Aos alumnos que se someteron ao sistema de avaliación continua e non superasen a proba final, nin na primeira nin na segunda oportunidade de exame, a nota obtida a través de devandito sistema poderáselles conservar no curso académico seguinte. 

CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA

O exame da convocatoria de Fin de carreira será unha proba teórico-práctica escrita, cuxa cualificación será o 100% da nota. A cualificación estará integrada polo 70% da cualificación obtida no exame teórico e o 30% da cualificación obtida no exame práctico. Non se terá en conta en ningún caso a avaliación continua do ano anterior.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000