Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Dereito da seguridade social II
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===

MODIFICACIÓNS NO SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA:

MODALIDADE: (antiga redacción)
Durante o cuadrimestre realizaranse 2 probas tipo test/cuestionarios sobre unha parte dos contidos teóricos da materia. A cualificación obtida en cada test suporá un 15% da nota final. En ningún caso a superación destes cuestionarios liberará de materia de cara á realización do exame final. As datas de celebración de cada test/cuestionario serán fixadas polo docente no cronograma da materia.

Participación e intervención nas clases prácticas, a preparación dos supostos prácticos, a realización de cuestionarios na plataforma faitic, a asistencia a actividades formativas organizadas pola área de Dereito do Traballo e, en xeral, calquera actividade desenvolvida polo alumnado á marxe das probas obxectivas parciais e finais tendo un valor ponderado sobre a cualificación final do 15%.

Exame de preguntas de desenvolvemento
Os contidos teóricos da materia serán avaliados nunha proba/exame final. Trátase
dunha proba teórica e escritura, que incluirá entre 5 e 7 preguntas de desenvolvemento
-curto ou medio- sobre os distintos epígrafes do programa. A cualificación obtida nesta proba suporá o 30% da nota final.

Práctica de laboratorio
Os contidos prácticos da materia serán avaliados nunha proba/exame final. Trátase
dunha proba/exame práctico consistente na resolución, por escrito, dun suposto/caso
práctico no que alumnado aplicará os coñecementos prácticos adquiridos durante o
cuadrimestre. A cualificación obtida nesta suporá o 25% da nota final.


NOVA REDACCIÓN MODALIDADE (nova redacción)
Durante o cuatrimestre se realizarán 2 probas tipo test/cuestionarios sobre unha parte dos contidos teóricos da materia. A cualificación obtida en cada test suporá un 15% da nota final. En ningún caso a superación destes cuestionarios liberará de materia de cara á realización do examen final. As datas de celebración de cada test/cuestionario serán fixadas polo docente no cronograma da materia.

A entrega dos supostos prácticos que se plantexen, fundamentalmente, e, en xeral, calqueira actividade desenvolvida polo alumnado para superar a materia ao marxe das probas obxectivas parciais e finais, serán avaliados polo docente durante todo o cuatrimestre, tendo un valor ponderado sobre a cualificación final do 15%.

Exame de preguntas de desenvolvemento:
Os contidos teóricos da materia serán avaliados nunha proba/examen final. Trátase dunha proba teórica e escrita, que se plantexará telemáticamente e que consistirá nunha serie de cuestionarios/preguntas plantexados a través da plataforma Faitic sobre os distintos epígrafes do programa. O alumnado deberá demostrar a adquisición de coñecementos teóricos da materia nas súas respostas. A cualificación obtida nesta proba suporá o 30% da nota final.

Práctica de laboratorio:
Os contidos prácticos da materia serán avaliados nunha proba/examen final. Trátase dunha proba/examen práctico que se plantexará telemáticamente e consistente na resolución, por escrito, dun ou varios supostos/casos prácticos/cuestionario no que o alumnado aplicará os coñecementos prácticos adquiridos durante o cuatrimestre. A cualificación obtida nesta suporá o 25% da nota final.


MODIFICACIÓN SISTEMA AVALIACIÓN EXAME FINAL:

Aqueles/as alumnos/as que non se acollan ao sistema de avaliación continua, serán avaliados nun examen final. Trátase dunha proba escrita, que se plantexará telemáticamente, e que consistirá nunha serie de cuestionarios/preguntas plantexados a través da plataforma Faitic sobre os distintos epígrafes do programa, e un ou varios supostos de carácter práctico, sobre todos os contidos da materia. Este exame final representará o 100% da nota final.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000