Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Recursos humanos I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Avaliarase a participación do alumnado, a comprensión da materia, a argumentación, a capacidade de transmisión de contidos a través de probas de avaliación con contido teórico e práctico, e a resolución, de forma individual e/ou en grupo, de cuestións sobre a disciplina formuladas polo profesorado ó longo do periodo lectivo. 50 A2
A4
A5
B1
B2
B3
B5
C17
D1
Resolución de problemas Avaliarase a participación do alumnado, a comprensión da materia, a aplicación de técnicas específicas axeitadas, a argumentación, a capacidade de transmisión de contidos a través de probas de avaliación con contido práctico de cuestións sobre a disciplina formuladas polo profesorado ó longo do período lectivo.
A aplicación desta técnica correspóndese coas prácticas da materia realizadas nos grupos de prácticas.
20 A2
A4
A5
B1
C17
D1
Estudo de casos Avaliarase a participación do alumnado, a comprensión da materia, a aplicación de técnicas específicas axeitadas, a argumentación, a capacidade de transmisión de contidos a través de probas de avaliación con contido práctico de cuestións sobre a disciplina formuladas polo profesorado ó longo do período lectivo.
A aplicación desta técnica correspóndese coas prácticas da materia realizadas nos grupos de prácticas.
30 A2
B1
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Existen dous sistemas de avaliación excluíntes: o sistema de avaliación
continua e o sistema de avaliación non continua.

O Sistema
de Avaliación continua

A descrición desta
guía está pensada para a modalidade de avaliación continua. Enténdese que o
alumnado elixe o sistema de avaliación continua no caso de que se presente a
algunha proba das efectuadas durante ó período lectivo.

O alumnado que sexa
avaliado no réxime de avaliación continua terá a posibilidade de superar a
materia e de obter o 100% da nota. Superarase a materia sempre e cando a
suma ponderada dos resultados de tódalas probas efectuadas ó longo do período
lectivo sexa maior ou igual a 5 puntos sobre 10.

Si o estudante non supera a materia por avaliación
continua, este poderá
presentarse ó exame, tanto na convocatoria ordinaria como na extraordinaria, que terá lugar na data oficial establecida polo Decanato da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo.
Nese caso, a nota final da materia resultará da suma da nota obtida na avaliación
continua, que suporá un 50% da nota final, e a nota obtida no exame celebrado
nas datas oficiais, que valerá o 50% restante. Para aprobar a materia será
preciso obter unha nota igual ou superior a 5 puntos sobre 10.

A concreción das
actividades de avaliación continua dependerá en gran medida do número de estudantes,
así como da dispoñibilidade de medios para traballar en grupo.

As actividades de avaliación continua solo se
poderán entregar nas datas e sesións establecidas ó efecto, debendo cada estudante
asistir ó grupo que teña asignado para a realización das mesmas. O cambio de
grupo neste caso deberá ser autorizado polo profesorado.

O sistema de Avaliación non
continua

Para as convocatorias ordinaria e
extraordinaria consistirá nun exame final a realizar na data e hora establecidas
polo Decanato da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, cunha
puntuación máxima de 10 puntos. Dito exame versará sobre a totalidade da
materia.

Os exames das convocatorias ordinarias e extraordinarias desta materia
terán lugar na data, hora e lugar establecido polo Decanato da Facultade de
Ciencias Xuridicas e do Traballo.

O calendario de exames publícase ó inicio do curso polo Decanato da
Facultade de Ciencias Xuridicas e do Traballo, pero dito calendario pode ser
modificado ao longo do curso por algún imprevisto. Consulten a páxina web da
facultade, por se hai cambios.

Na convocatoria de fin de carreira, o exame suporá o 100% da cualificación.

DECÁLOGO DE BOAS PRÁCTICAS

1. Non está permitido facer uso de teléfonos móbiles, ordenadores
portátiles, tablets ou similares nas sesións de traballo. Estes deben estar
desconectados, agás autorización expresa do profesorado.

2. Os teléfonos móbiles deben estar pechados na realización das probas e o
alumnado non debe ter consigo reloxos e demais dispositivos intelixentes na
realización das mesmas, agás autorización expresa do profesorado.

3. Non está permitido comer nin beber (agás auga) na clase.

4. É imprescindible asistir ás sesións de aula co material necesario para o
seu desenvolvemento.

5. O plaxio total ou parcial nas actividades entregadas levará a
invalidación das mesmas.

6. Para a realización dos exames só se permite o material indicado polo
profesorado.

7. O alumno/a deberá presentarse ao exame debidamente identificado, co
D.N.I, pasaporte ou carné de conducir, non sendo válido outro documento.

8. Tódolos exames e probas puntuables deberán ser entregados a súa
finalización e baixo ningún concepto poderán ser sacados fora da aula, nin
fotografiados nin gravados polo alumnado.

9. A revisión de exames terá lugar só no horario e lugar establecido polo
profesorado.

10. No caso das actividades docentes que se leven a cabo por medios
telemáticos véase https://www.uvigo.gal/proteccion-datos

No caso de incumprimento das normas anteriores, o profesorado poderá
adoptar as medidas que estime oportunas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000