Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Técnicas de investigación social
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

No caso de que a docencia non se poida densenrolar de maneira presencial, esta levarase a cabo na modalidade virtual a través do Campus Remoto da Universidade de Vigo ou de outra plataforma autorizada por esta con dito fin. Asi mesmo, as titorías levaranse a cabo mediante ditas ferramentas e a través do correo electrónico.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

O sistema de avaliación non se modificará. As probas serán adaptadas á modalidade virtual facendo uso da plataforma Faitic, do Campus Remoto da Universidade de Vigo, así como de calquera outra ferramenta que esta autorice para tal fin.



Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000