Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Dereito: Dereito constitucional
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios O traballo de aula desenvolvida nos seminarios e clases prácticas avaliarase tanto a través de exposicións do alumnado como da entrega por escrito dos exercicios prácticos.
40 A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B5
C2
D4
D5
Exame oral Probas para avaliación das competencias que inclúen preguntas
abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar,
organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha
resposta oral.
60 A4
B2
C2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Será condición imprescindible para contabilizar a avaliación continua obter un mínimo de 5 sobre 10 na proba oral. Suporá o 60% da avaliación final.

Aqueles/as alumnos/as que non poidan participar no desenvolvemento do curso de maneira presencial terán unha avaliación final que implicará un examen oral, que suporá o 60% da avaliación, e a resolución dun suposto práctico, que suporá o 40% da avaliación.

O alumnado gozará de atención personalizada nas tutorías individualizadas nos días e as horas establecidas, que se darán a coñecer ao alumnado ao comezo do período lectivo.

Na segunda convocatoria diferenciaranse as seguintes modalidades:

          (a) Os/as alumnos/as presenciais serán avaliados daquela parte da programación docente que non superasen durante o curso.

          (b) Os/os alumnos/as que se presentasen á avaliación final e non a superasen, deberán repetir esa mesma modalidade de avaliación na súa totalidade.

Convocatoria fin de carreira:

A avaliación constará de preguntas orais e do desenvolvemento dun caso práctico.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000