Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Socioloxía: Introdución á socioloxía das relacións laborais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos En cada un dos Seminarios o alumnado deberá responder a unha serie de preguntas relacionadas cos textos fundamentais propostos para a súa análise e comentario. 40 A3
A4
B1
B2
C20
Exame de preguntas de desenvolvemento Haberá unha proba de cuestións de desenvolvemento, que incluirá os contidos explicados durante o curso. 60 A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
C20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA

O alumnado en modalidade presencial terá que asistir polo menos ao 75% das Clases Maxistrais e dos Seminarios para ser avaliado nesta modalidade.
No caso de que o alumnado teña que incorporarse a modalidade virtual, deberá acceder os medios telemáticos postos a súa disposición (videoconferencia, FAITIC), para realizar as tarefas propostas, coa mesma frecuencia porcentual (75%) que se esixe o alumnado presencial.

En todo caso, o alumnado que se acolla en principio a avaliación continua, poderá renuncia a ela solicitándollo por escrito ao profesorado da materia antes da 3ª semana de docencia.

Será necesario obter polo menos un 4 na Proba de preguntas de desenvolvimento sobre todolos contidos da
materia, para ter en conta a nota obtida nos Seminarios.

AVALIACIÓN FINAL

O alumnado que non siga a modalidade de avaliación continua
realizará un examen final sobre todolos
contidos da materia. Dito examen suporá o 100% da nota.

NOTA

As datas e horarios das
probas de avaliación final serán as
especificadas no calendario das probas de avaliación aprobadas
pola "Xunta de Facultade" para o curso 2020-21.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000