Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Constitución económica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Probas nas que se valorará dos logros do alumnado en función dos obxectivos propostos por medio de exposicións e debates 20 A2
A3
A4
D1
D5
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas para avaliación das competencias que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa. 50 A2
A3
A4
A5
D1
D3
D4
D5
Autoavaliación Probas obxectivas encamiñadas a que os estudantes poidan asumir e ser conscientes dos seus puntos fortes e débiles no seu propio proceso de aprendizaxe 10
Estudo de casos Avaliarase a resolución de casos relacionados coa materia e as prácticas. Avaliaranse os diversos exercicios ou proxectos na aula baixa as directrices e supervisión do profesor. Pode estar vinculado o seu desenvolvemento con actividades autónomas do estudante. Utilizaranse no seu caso para medir o grao de coñecemento das materias, para o que se poderán utilizar probas de preguntas curtas e tipo test, o resultado dos debates e exposicións. 20 A2
A3
A4
A5
D1
D3
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2019-2020.

Será condición imprescindible para contabilizar a avaliación continua obter un mínimo de 5 sobre 10 na proba de resposta longa. Aqueles alumnos que, por circunstancias persoais ou profesionais, non poidan participar de maneira presencial continuada no desenvolvemento do curso poderán presentar por escrito os diferentes traballos realizados ao mesmo tempo que os asistentes. Isto suporalles un 40% da avaliación final e a proba de resposta longa o outro 60% da avaliación final.

Aqueles alumnos que non poidan participar no desenvolvemento do curso de maneira presencial terán unha avaliación final que implicará o desenvolvemento por escrito de dúas preguntas longas do programa e suporán o 50% da avaliación e unha pregunta práctica que suporá o 50% da avaliación final. Tanto estes últimos alumnos como os anteriores gozarán de atención personalizada nas tutorías individualizadas (previa cita) cando así o desexen.

NA SEGUNDA CONVOCATORIA diferenciaranse as seguintes modalidades: 

a) Para os alumnos presenciais: terán que ser avaliados daquela parte da programación docente que non superasen durante o curso. 

b) Para aqueles alumnos que participan, aínda que non o fan de maneira presencial na súa totalidade: terán que superar aquela parte da programación docente que non superasen. 

c) Para aqueles alumnos que se presentasen só a una avaliación final e non a superasen: deberán repetir esa mesma modalidade de avaliación na súa totalidade.

CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA. A avaliación constará de dúas preguntas de resposta longa e o desenvolvemento dun caso práctico. As preguntas de resposta longa valerán un 50% da nota final; o desenvolvemento dun caso práctico valerá o 50% da nota final.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000