Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Macroeconomía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo Ao longo do cuadrimestre realizarase un traballo/proxecto de forma individual sobre un tema relacionado cos contidos do a práctica realizada en e aula informática. Valorarase tamén a realización de exercicios ao longo do cuadrimestre e a participación nas clases prácticas 40 A2
A3
A4
Exame de preguntas de desenvolvemento Realización na data establecida no calendario oficial do centro, dun exame no que se avaliarán os contidos globais da materia 60 A2
A3
A4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Poderase optar ao  método de avaliación continua ou, alternativamente, ser avaliado polo 100% da nota máxima nun único exame a realizar na data oficial establecida.  Por defecto considérase que todos os estudantes serán avaliados polo método de avaliación continua. Aqueles que desexen renunciar á avaliación continua deberán comunicalo á coordinadora da materia mediante un correo electrónico antes 28 de febreiro de 2020. 

AVALIACIÓN CONTINUA. A nota final da materia constará de:

1.- DOUS EXAMES PARCIAIS (TOTAL 6 puntos). O primeiro deles realizarase a metade do cuadrimestre (data pendente de determinar) e o segundo na data oficial da convocatoria ordinaria. Os alumnos que no acaden 5 puntos no primeiro examen parcial deberán examinarse de toda a materia no segundo examen,

2.-ENTREGA DUN TRABALLO (2 puntos): análise de datos macroeconómicos europeos e investigación a partir dos datos da práctica realizada na aula informática.

3.- DIVERSOS EXERCICIOS QUE SE REALIZARÁN E ENTREGARÁN AO LONGO DO CUADRIMESTRE (2 puntos).

PARA PODER APROBAR A MATERIA É NECESARIO NON OBTER UNHA NOTA DE 0 EN NINGÚN DOS ELEMENTOS DA AVALIACIÓN CONTINUA E ALCANZAR UN MÍNIMO DE 4 PUNTOS EN TOTAL NA PARTE DOS EXAMES

Na convocatoria extraordinaria mantense a nota da avaliación continua. Por tanto, o exame valerá un máximo de 6 puntos.

Na convocatoria de Fin de carreira realizarase un exame que suporá o 100% da avaliación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000