Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Fundamentos de administración de empresas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Durante o cuatrimestre se realizarán 2 probas de seguimento sobre os contidos da materia. A cualificación obtida en cada proba de seguimento suporá un 20% da nota final. En ningún caso a superación destas probas de seguimento liberará de materia de cara á realización do exame final. As datas de celebración de cada proba de seguimento serán fixadas polo docente no cronograma da materia.
40 A2
A3
A4
A5
C11
C12
C47
D1
D3
Exame de preguntas de desenvolvemento Os contidos teóricos e prácticos da materia serán avaliados nunha proba/exame final. Trátase dunha proba escrita sobre os distintos epígrafes do programa, así como dos diferentes tipos de problemas e casos prácticos estudados. A cualificación obtida nesta proba suporá o 50 % da nota final. 50
Resolución de problemas e/ou exercicios A participación e intervención nas clases teóricas e prácticas, a preparación dos supostos prácticos ou das sesións teóricas, cando así proceda, e, en xeral, calquera actividade desenvolvida polo alumnado ao marxe das probas de seguimento e das probas finais, serán avaliados polo docente durante todo o cuatrimestre, tendo un
valor sobre a cualificación final do 10%.

A cualificación obtida na participación en clase e nas probas de seguimento conservarse para a convocatoria de 2ª oportunidade.
10 A2
A3
A4
A5
C11
C12
C47
D1
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A Avaliación do estudante realizarase doseguinte xeito:

- Exame final (0 a 5 puntos). Realizaraseun único exame ao final do cuadrimestre que terá lugar na data, hora e lugar establecidopolo Decanato da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo (http://fccxxt.webs.uvigo.es/es/). O exame final constará dunha parte teórica e unha parte práctica. Para superar o exame será necesario obter unha nota igual ou superior ao 50 % da puntuación total e, como mínimo, o 30 % da nota asignada en cada unha das partes teórica e práctica.

- Avaliación baseada nos traballos realizados, tanto en grupo como de xeito individual, na participación en clase e nas probas de seguimento (0 a 5 puntos). A cualificación obtida en cada proba de seguimento suporá un 20% da nota final. A participación e intervención nas clases teóricas e prácticas, a preparación dos supostos prácticos ou das sesións teóricas, cando así proceda, e, en xeral, calquera actividade desenvolvida polo alumnado ao marxe das probas de seguimento e das probas finais, serán avaliados polo docente durante todo o cuatrimestre, tendo un valor sobre a cualificación final do 10%.

A nota final da materia expresarase nunha escala de 0 a 10 puntos e resultará da suma da nota acadada no exame y das notas acadadas nos traballos, participacións nas clases e probas de seguimento realizadas. Para superar a materia é necesario acadar un mínimo de 5 puntos.

Nos primeiros 15 días do cuatrimestre habilitarase un único prazo para que o alumno ou a alumna que así o desexe poida renunciar á avaliación continua e solicitar que o seu exame final se valore entre 0 e 10 puntos. Para estes alumnos o exame final incluirá unha terceira parte (0 a 5 puntos) que sustituirá ás probas de avaliación continua.

Se o alumno ou a alumna houbese renunciado á avaliación continua, a nota final da materia coincidirá coa nota acadada no exame final.

A segunda convocatoria rexerase polas mesmasnormas. O exame da convocatoria de segunda oportunidade terá lugar na data, hora e lugar establecido polo Decanato da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo (http://fccxxt.webs.uvigo.es/es/).

Na convocatoria fin de carreira o exame suporá o 100 % da nota final da materia.

BOAS PRÁCTICAS:

- Non está permitido facer uso de teléfonosmóbiles, ordenadores portátiles, tabletas ou similares nas sesións de traballo.Estes dispositivos deben estar desconectados, agás autorización expresa do profesor/a.

- É imprescindible asistir ás sesións de aulaco material necesario para o seu desenvolvemento.

- Calquera evidencia de probas plaxiadas oucopiadas, total ou parcialmente, suporá unha calificación de suspenso entódalas convocatorias do curso académico.

- Para a realización das probas só se permiteo uso de elementos de escritura e calculadora.

- O estudante deberá presentarse ao examedebidamente identificado, co seu D.N.I, pasaporte ou licenza de conducir, nonsendo válido outro documento.

- Tódalas probas deberán ser entregadas á súafinalización e baixo ningún concepto poderán ser sacados fora da aula.

- A revisión de exames terá lugar só nohorario e lugar establecido polo profesor/a.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000