Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Fundamentos de administración de empresas
   Plan de Continxencias
 
Descrición
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado.

No caso de que sexa necesario impartir docencia en modalidade non presencial a actividade docente desenvolverase a través do Campus Remoto da Universidade de Vigo e utilizarase a plataforma de teledocencia FAITIC como ferramenta complementaria.

En función de cál sexa finalmente a evolución da alerta sanitaria ao longo do curso, de non ser posible a realización en modalidade presencial das probas de seguimento planificadas, e mesmo do exame final da materia, arbitraránse as adaptacións necesarias que fagan posible a súa realización en modalidade non presencial a través de Campus Remoto e da plataforma Faitic.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000