Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito: Dereito constitucional II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Avaliarase a resolución de casos relacionados coa materia e as prácticas. Avaliaranse os diversos exercicios ou proxectos na aula baixo as directrices e supervisión do profesor. Pode estar vinculado o seu desenvolvemento con actividades autónomas do estudante. Utilizaranse para medir o grao de coñecemento das materias. 10 A2
A3
C32
C33
D4
D5
Traballo tutelado Avaliarase o nivel de visión e comprensión dos dereitos fundamentais e das libertades recoñocidas na Constitución española, e dos procedimentos que os garantizan, reflectido nos traballos 10 A2
A3
A5
B3
B4
C32
C33
D1
D4
D5
Exame de preguntas de desenvolvemento Avaliación do resultado final de aprendizaxe mediante o desenvolvemento de pregunta/s sobreos contidos da materia. 70 A5
B1
B2
B3
C32
C33
D1
D4
D5
Autoavaliación Avaliación do resultado de aprendizaxe mediante o desenvolvemento de probas obxetivas, cortas o tipo test, sobre os contidos da materia autocorrexidas o por os seus compañeiros coa finalidade de ser capaces de desenvolver criterios para a sua avaliación. 10 A2
A5
B1
B3
C32
C33
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN. As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2020-2021. 

Sempre será condición imprescindible para contabilizar a avaliación continua obter un mínimo de 5 sobre 10 na proba de desenvolvemento de resposta/s
longa/s.  

PRIMEIRA CONVOCATORIA: A avaliación continua supón un 30 % sobre o total da cualificación final e o exame suporá o 70 % restante. O exame consistirá nunha proba de desenvolvemento de pregunta/s sobre o contido da materia. 

Aqueles alumnos que, por circunstancias excepcionais persoais ou profesionais, non poidan participar de maneira presencial nalgunha/s da/s sesión/s é práctica/s no desenvolvemento do curso poderán, a xuízo do profesor, presentar un traballo acorde á/s práctica/s correspondente/s. 

Aqueles alumnos que non sigan durante o curso o sistema de avaliación continua ou que non o superaron terán dereito a un exame final que
implicará o desenvolvemento por escrito de pregunta/s longa/s do programa que suporá o 70% da nota  (deberán obter nesta parte polo menos un mínimo de 5 puntos sobre 10), e  a realización dun suposto práctico que suporá o 30% da cualificación restante. 

NA SEGUNDA CONVOCATORIA: 

a) A os alumnos que, superando a avaliación continua non alcanzasen un cinco no exame de preguntas de desenvolvemento na primeira convocatoria, conservaráselles a nota da evaluación continua e realizaráselles un exame
similar ao da primeira convocatoria.

b) Os alumnos que non sigan no desenvolvemento do curso a avaliación continua ou que non a superaron, terán dereito a un exame final que constará de dous partes: unha teórica de pregunta/s de desenvolvemento sobre o
contido do programa que suporá o 70 % da nota  (deberán obter nesta parte polo menos un mínimo de 5 puntos sobre 10) así como a realización dun suposto práctico que suporá o 30% da cualificación restante.  

CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA: A avaliación farase mediante un exame final que constará de dous partes: unha teórica, de pregunta/s de desenvolvemento sobre o contido do programa que suporá o 70 % da nota  (deberán obter nesta parte polo menos un mínimo de 5 puntos sobre 10), e por outra banda a realización dun suposto práctico que suporá o 30% da cualificación restante. 

NOTA:No caso de superar a avaliación continua pero non aprobar a materia, conservarase para o seguinte curso académico a nota da avaliación continua obtida no ano anterior se se comunica ao profesor o seu desexo de conservarla.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000