Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Economía: Principios de economía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Actividades relacionadas coas prácticas. Poderán consistir en entregas de exercicios, exposición de exercicios na lousa, controis periódicos, etc. 30 A2
A3
A4
C11
C12
D1
D3
Exame de preguntas obxectivas Probas para a avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas curtas e directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben responder de maneira directa e breve en base aos coñecementos que teñen sobre a materia. 70 A2
A3
A4
C11
C12
D1
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A forma xeral de avaliación será a especificada anteriormente. Aqueles alumnos que non desexen acollerse á avaliación continua deberán comunicarllo expresamente ao profesor, por correo electrónico, con data límite o Xoves, 19 de febreiro de 2021. Para estes alumnos, será posible a avaliación do 100% da materia a través dun exame final escrito. Este exame será de contido, profundidade e nivel de esixencia distinto ao correspondente á modalidade de avaliación continua. Para aqueles alumnos que non realicen esta comunicación expresa en tempo, entenderase que se acollen ao sistema de avaliación continua. A nota da avaliación continua mantense para a convocatoria de xullo, pero non para o curso seguinte. 

Na convocatoria de fin de carreira a avaliación farase unicamente en función do exame. 
As datas e horas das probas finais correspondentes ás convocatorias de maio e xullo serán as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2020-2021.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000