Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito: Dereito romano
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Semanalmente o alumno resolverá por escrito un caso práctico que se entregará ao profesor. Destes corrixiranse aleatoriamente tres. No seu lugar, tamén se poden realizar breves probas orais, convenientemente anunciadas en canto ao contido e á data. Avaliarase a capacidade do alumno para aplicar os coñecementos teóricos adquiridos á resolución dun caso práctico concreto. 35
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba na que se avaliarán os coñecementos teóricos adquiridos polo alumno. Consistirá en tres preguntas longas que o alumno debe desenvolver por escrito no tempo dunha hora. E o alumno que non faga a avaliación continua, deberá, ademais, responder a un caso práctico. 65
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumno ten que alcanzar a nota mínima de 5 no exame final para que lle poida ser sumada a esta cualificación a da avaliación continua.
As cualificacións da avaliación continua só se manterán nas dúas convocatorias do mesmo curso académico.
En cada convocatoria, tanto quen suspendan a materia como quen non sigan a avaliación continua, terán dereito a un exame final no que poden alcanzar o 100% da nota. O mesmo sucede co exame fin de carreira. As datas e horas das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as que se especifican no calendario aprobado pola Xunta de Facultade para o curso académico correspondente.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000