Guia docente 2020_21
E. U. de Estudos Empresariais
Máster Universitario en Comercio Internacional
 Materias
  Dereito Internacional e Contratación
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Avaliarase o traballo persoal, as achegas do alumno e, no seu caso, as intervencións que se realicen ao respecto. 40 C2
D2
Resolución de problemas de forma autónoma Avaliaráse o correcto prantexamento en términos xurídicos do caso e a procura e axeitada aplicación dos preceptos legais que correspondan. 40 C2
D2
Resolución de problemas e/ou exercicios As preguntas de resposta curta versarán sobre os contidos teórico-prácticos da materia impartidos nas sesións maxistrais. 20 C2
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os alumnos que non houberan obtido a
cualificación necesaria para a superación da materia no proceso de avaliación continua
que se efectúe, e aqueles alumnos que non obtiveran cualificación ningunha no
devandito proceso, deberán se presentar a un exame final teórico práctico no
que deberán expoñer ou analizar, segundo se determine no momento oportuno, o
estudo dun caso ou suposto que se propoña, así coma resolver problemas ou
exercizos prácticos que se lle formulen, e respostar ás cuestións teóricas que
se propoñan. Ás distintas partes do dito exame aplicaráselles o criterio de
ponderación precedentemente indicado no apartado relativo á avaliación continua.

Para a segunda convocatoria, aplicaranse os criterios anteriores.

Os alumnos que sigan o curso polo sistema de teledocencia deberán
desenvolver as tarefas e resposatar aos cuestionarios que se lles propoñan
durante o período lectivo, aplicándoselles os mesmos baremos de cualificación
que aos alumnos presenciais.

Para a segunda convocatoria aplicaranse os criterios anteriores, nas dúas
modalidades, presencial e teledocente. No seu caso, o alumno que se presente
nesta convocatoria, ademais de realizar as tarefas que se sinalen na data de
exame oficialmente fixada ao efecto, deberá presentar os traballos que, con
carácter previo, houberan sido encomendados a tal fin.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000