Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Ciberseguridade
 Materias
  Ciberseguridade en contornas industriais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas con apoio das TIC (Repetida, non usar) Avaliación dos informes de realización de prácticas 30
Traballo tutelado Availación da memoria e execución dun traballo tutelado acordado có alumno. 30
Exame de preguntas obxectivas Avaliación do resultado dun exame cos contidos teóricos e prácticos da materia 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

Se ofrecerán dúas alternativas de evaluación: continua e única.

A evaluación contínua implicará a realización das prácticas, dun traballo tutelado e unha proba mixta que serán avaliados nas porcentaxes arriba indicadas (30, 30, 40), sendo necesario obter un cinco sobre dez na evaluación total. Igualmente, será necesario obter un dous sobre catro na proba mixta para poder aprobar a materia. En caso de optar á evaluación continua, o alumnado que realice calquera tipo de entrega (práctica, traballo, proba mixta), non poderá cualificarse como "non presentado".

No caso da evaluación única, toda a puntuación virá dada por unha única proba mixta que incluirá parte teórica e práctica. Dita proba se realizará ao final do bimestre e deberá obterse en total polo menos un cinco sobre dez para poder aprobar a materia.

A selección da alternativa de evaluación deberá indicarse como moi tarde ao final da segunda semana de clase.  

Para calquera das dúas alternativas se facilitará flexibilidade horaria para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia.

SEGUNDA OPORTUNIDADE E CONVOCATORIAS EXTRAORDINARIAS

Os alumnos que opten na primeira oportunidade pola evaluación continua terán a opción de conservar as notas de prácticas e traballos tutelados realizados durante o curso académico. Devandito alumnado realizará unha proba mixta, establecéndose a nota nas porcentaxes indicadas arriba (30, 30, 40). O resto de alumnos (incluído o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia) trataranse como alumnos de evaluación única e realizarán unha proba mixta que mesture parte teórica e práctica.

OUTROS COMENTARIOS

Non se conservará ningunha das notas obtidas para os cursos académicos posteriores.

No caso de detección de plaxio durante algunha das entregas, se calificará ao alumno/a con suspenso (0) e se comunicará a situación á dirección do máster e ás autoridades universitarias correspondentes de face a tomar as medidas oportunas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000