Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Ciberseguridade
 Materias
  Seguridade ubicua
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
A metodoloxía de aprendizaxe en proxectos será modificada no caso no que se produza unha situación que impida o traballo en grupo. Se o proxecto en grupo xa estaba iniciado, farase que o sistema IoT deseñado por cada un dos grupos estea accesible a través da Internet para que o proxecto se poda rematar de forma remota. De non se ter iniciado, propoñeráselles aos alumnos a realización dun proxecto alternativo relacionado coa seguridade IoT que podan realizar individualmente (por exemplo, o modelado de ameazas e o ataque dun sistema comercial). De dispoñer do número suficiente de dispositivos, estes faránselles chegar aos alumnos. Noutro caso realizarase un proxecto utilizando simuladores ou limitarase o traballo a unha análise teórica.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000