Resolución de problemas de forma autónoma |
Trátase de tarefas, resolución de exercicios, preguntas e tests autoavaliables na aula virtual que deben ser realizadas polos alumnos de xeito individual, autónomo e non presencial, sempre cunha data límite. Estas actividades teñen un peso global conxunto do 15% no caso da avaliación continua. Con esta metodoloxía traballaranse as competencias CB5, CG1, CG4, CG8, CG12, CE4, CE6, CE7, CE12
|
Prácticas con apoio das TIC |
Trátase de prácticas de planificación, deseño, configuración e resolución de problemas de escenarios de rede baseados no emulador GNS3. Con esta metodoloxía traballaranse as competencias CG1, CG4, CG8, CG12, CE4, CE6, CE7, CE12 |
Gamificación |
No aula virtual usarase un sistema de gamificación que emprega puntos de actividade, mecánicas e elementos de gamificación para fomentar a realización das actividades online puntuables e participar de maneira significativa en foros de axuda, dudas e discusións. Isto permitirá ao alumno obter recompensas para poder empregar nos exames ou na avaliación continua.
Os foros de discusión serán a vía preferida para a atención non presencial ás dúbidas relativas aos contidos da materia. A gamificación fomentará a axuda entre compañeiros e a resolución colaborativa de dúbidas nos foros. Ademais de contribuír ao incremento da motivación, con esta metodoloxía traballaranse tamén as competencias CB5, CG12 |
Lección maxistral |
Exposición das ideas, conceptos, técnicas e algoritmos de cada unha das unidades temáticas do curso. Con esta metodoloxía traballaranse as competencias CG1, CG4, CG8, CE4, CE6, CE7, CE12 |