XERAL. PRIMEIRA OPORTUNIDADE
A avaliación das competencias pertencentes a esta materia realizarase na medida do posible en toda-las probas: de resposta curta, relatorios/memorias de prácticas, resolución de problemas, e traballos e proxectos. A avaliación continua realizarase como se indica no táboa. Para aqueles que teñan optado pola Avaliación Única, ésta será mediante un exame que terá un valor do 100% da nota final e cubrirá todo-los aspectos tratados nas clases maxistrales, de resolución de problemas, traballos en grupo tutelados e prácticas de laboratorio. Neste caso, a realización das prácticas de laboratorio e os traballos dirixidos non será obligatoria. Ao fixarse unha nota mínima en todas las partes que componen avaliación, si dita nota non fose superada en calqueira das partes, a cualificacón final quedaría limitada a dita nota mínima como máximo. O planeamento das diferentes probas de evaliación intermedia se aprobará nuha Comisión Académica de Grao (CAG) e estará disponible ao principio do cuadrimestre. A cualificación obtida nas prácticas de laboratorio e traballos en grupo serán válidas tan só para o curso académico no quese realizaren. Os alumnos que optaren pola Avaliación Continua deberán comunicalo o profesor durante as primeras semanas de curso. O alumno que optar pola Avaliación Continua deberá realizar todalas diferentes actividades: practicas de laboratorio e traballo en grupo, así como realizar toda-las probas de avaliación das que consta o procedimiento de avaliación continua (táboa). Os alumnos que non seguiren o anterior so poderán ser avaliados mediante o examen final. O alumno que teña optado pola opcion Avaliacion Única consirerarase como "non presentado" se non se presntou ao exame final. No caso de que tena escollido a opcion Avaliación Continua tamén se considerará como "non presentado" se non se presntou ao examen final. SEGUNDA OPORTUNIDADE E CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA A avaliación de segunda oportunidade será diferente para aqueles alumnos que teñan seguido o procedimento de Avaliación Contínua e Avaliación Única. Aqueles que optaron por a Avaliación Continua so precisarán facer as partes do exame que suspenderan na primeira oportunidade. Para aqueles que optasen pola Avaliación Única, deberán presentarse ao exame final completo. Para o caso da convocatoria extraordinaria, ésta realizarase mediante un exame final.
CÓDIGO ÉTICO En caso de detección de plaxio en culqueira das probas, a cualificación final será de SUSPENSO (0) o feito será comunicado á dirección do Centro para los efectos oportunos. |