Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación - En extinción
 Materias
  Comunicacións industriais
   Plan de Continxencias
 
Descrición
No caso de que a situación sanitaria provocada polo COVID-19 requira un escenario de docencia non presencial, as adaptacións que se levarían a cabo nesta materia serían as seguintes:

* Clases de teoría:
As clases de teoría levaríanse a cabo de xeito non presencial (online) utilizando os recursos e aplicacións dispoñibles que se consideren máis adecuados (Faitic, Campus remoto, Vídeos de presentacións locutados, etc.).

* Clases prácticas:
Suspenderíanse as prácticas de montaxe e realizaríanse de forma remota as prácticas susceptibles de simulación.

* Traballo tutelado:
Se non é posible fornecer aos alumnos o material necesario para que poidan realizar o traballo en casa, realizaranse soamente as partes deste susceptibles de ser simuladas.

* Exames:
Realizaríanse de forma non presencial (online) mediante o uso de Faitic e Campus Remoto.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000