Seguindo as directrices propias da titulación, se ofrecerá a quen
cursen esta materia dous sistemas de evaluación: evaluación continua e evaluación única. Todos os estudantes que desexen renunciar á evaluación continua (elección por defecto), deberán comunicárselo ao profesor antes do comezo terceira semana de
clase. A evaluación continua baséase na valoración dos traballos
tutelados e o seu exposición, así como en tres probas intermedias. Os traballos serán avaliados en función da sua composición, contidos e estilo; a nota será a mesma para todos os integrantes do grupo. A valoración individualizada se basará na exposición do traballo (tempo, claridade, precisión) e as respostas a preguntas específicas doutros estudantes. As notas das probas da valoración continua sóo son válidas para
a convocatoria ordinaria do ano académico en curso. As probas da evaluación continua non son recuperables, é dicir, si alguén non pode realizalas o profesorado non ten obligación de repetilas. Para un estudante de evaluación continua a súa calificación final non podrá ser "non presentado". Os alumnos que non opten pola evaluación continua deberán realizar
un exame final, teórico e práctico, sobre todos os contidos da
materia. Este exame será cualificado entre 0 e 10 e ésta será a nota final
que obteñan. O exame da segunda oportunidade ao finalizar o
cuadrimestre, do mesmo xeito que o exame da convocatoria extraordinaria (fin de carreira), tendrá unha estrutura similar ao exame final dos alumnos que
non opten pola evaluación continua. Todos os exámenes serán realizados en inglés. En caso de detección de plaxio en calquera das probas a calificación final será SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos. |