Prácticas de laboratorio |
Avaliación das prácticas realizadas sobre a plataforma de procesado de sinal en tempo real. |
70 |
|
B3 B4
|
C69 C70
|
D2
|
A
materia será impartida en castelán, aínda que toda a documentación estará en
inglés. Avaliación Ofrecerase
aos alumnos que cursen esta materia dous sistemas de
avaliación: avaliación continua e avaliación ao final do cuadrimestre. Avaliación
Continua A
avaliación continua da materia consistirá en:
- 5 prácticas individuais realizadas sobre a
plataforma de procesado de sinal. Estas prácticas contarán un 50% da nota final.
- 1 proxecto realizado en grupo nas
horas tipo C, que contará un 30% da nota final.
- Proba de contidos sobre toda a
materia desenvolvida nas clases maxistrais e de laboratorio. Terá lugar
nas datas que especifique a Escola.Contará un 20% da nota final.
A
cualificación final do estudante será calculada por agregación ponderada (70%,
20% e 10%, respectivamente) das cualificacións de laboratorio, proxecto en
grupo e proba de contidos. Os
contidos e o peso de cada proba de avaliación continua son os seguintes:
- Introducción: xerador de sinais
mediante taboas (10%)
- Xeración de sinais mediante
polinomios (15%)
- Implementación de filtros FIR (15%)
- Implementación de filtros IIR I
(15%)
- Implementación de filtros IIR II
(15%)
- Proxecto: (20%) Aplicación
práctica dos contidos do curso. Entregarase na décimo cuarta semana do
curso.
Considerarase
que o alumno escolleu someterse a avaliación continua cando entregue as dúas primeiras
prácticas do tema. O compromiso coa avaliación continua significa que o alumno
non pode ter unha nota final de "non presentado". Avalación
final - Primeira oportunidade. O estudante terá a opción
de renunciar á avaliación continua, podéndose presentar a un exame final polo
100% da nota. Neste exame avaliaranse tanto os contidos teóricos impartidos nas
clases maxistrais, como os prácticos obtidos polo resto dos alumnos no
laboratorio. Os estudantes que desexen renunciar á avaliación continua, deberán
comunicarllo ao profesor unha semana antes da data especificada pola Escola
para o exame final. - Segunda oprtunidade. Ao terminar o ano
académico, os alumnos terán unha segunda oportunidade de ser avaliados. Nesta
oportunidade os alumnos terán a opción de manter parte da nota obtida na
avaliación continua, completándoa mediante traballos prácticos propostos polo
profesor, ou ben poderán renunciar a ela, presentándose nese caso a un
único exame final. - Convocatoria extraordinaria (fin de carreira).
O
estudiante deberá presentarse a un exame final polo 100% da nota. Neste
exame avaliaranse tanto os contidos teóricos impartidos nas clases
maxistrais, como os prácticos obtidos polo resto dos alumnos no laboratorio.
Código ético En
caso de detección de copia en calquera dos traballos prácticas a
cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á
dirección do Centro para os efectos oportunos. |