Nas sesións prácticas, o alumno debe resolver problemas prácticos individualmente, estando o
profesor dispoñible para a resolución de calquera dúbida que calquera alumno poida expor.
Lección maxistral
As sesións maxistrais desenvólvense cunha interacción contínua alumno/profesor, fomentando a
participación do alumno mediante a formulación de preguntas e resolvendo problemas
particulares que os alumnos presenten en clase.
Traballo tutelado
Os traballos tutelados realízanse en grupos de tamaño reducido. O seguimento realízase mediante
reunións cos grupos onde cada alumno pode interactuar e presentar as súas dúbidas e consultas
ao profesor.
Universidade de Vigo
|
Reitoría |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000