PRIMEIRA OPORTUNIDADE con AVALIACIÓN CONTINUA: · Proba escrita individual (máximo 4 puntos). Calendario oficial. · Proba intermedia práctica (máximo 1.5 puntos). · Proxecto para entregar ao final do cuadrimestre (máximo de 3.5 puntos). · Participación en clase (máximo de 1 punto). Para superar a materia o alumno debe obter unha puntuación total (resultante da suma das actividades puntuables) superior a 5 puntos. A nota máxima será de 10 puntos. Para aprobar a asignatura é necesario obter alomenos un 1/4 na proba escrita individual. O proxecto realizarase en grupos de 5-6 persoas. particularizarase por alumno a partir da interacción co profesor nas horas B e a parte da presentación pública do proxecto que lle corresponda ao citado alumno. SEGUNDA OPORTUNIDADE con AVALIACIÓN ÚNICA: Consistirá nun exame individual con partes teórica e práctica na data oficial. A parte práctica cubrirá os mesmos contidos ca avaliación continua ao longo do cuadrimestre. |