Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación - En extinción
 Materias
  Xestión e dirección tecnolóxica
   Plan de Continxencias
 
Descrición
MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS

Ante a imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada polo COVID-19, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento no que as administracións e a propria institución o determinen garantindo a docencia nun escenario non presencial ou parcialmente presencial.

ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS

Facilitaranse as presentacións para os grupos A a través de Faitic.

No caso dos grupos B o profesorado tutor poderá establecer canais de comunicación co alumnado a través de Campus Remoto, Faitic ou outras ferramentas.

A tutorías faranse por medios telemáticos (correo electrónico, Campus Remoto, foros de Faitic, etc.) baixo cita previa.

ADAPTACIÓN DA EVALUACIÓN

No caso de activación de docencia non presencial, a avaliación se modificará como sigue:

· Proba escrita individual (máximo 2 puntos). Calendario oficial.

· Entrevista sobre resultados parciais do proxecto (máximo 2 puntos).

· Proxecto para entregar ao final do cuadrimestre (máximo de 6 puntos).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000