=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Lección maxistral. Impartiranse os mesmos contidos, adaptando o formato das exposicións a docencia en liña, empregando o campus remoto.
* Prácticas de laboratorio. Substituiranse por exercicios de simulación utilizando un simulador específico de electrónica de potencia. Os exercicios pasarán a ser individuais. Empregarase o campus remoto para resolver as dúbidas do estudantes.
* Resolución de problemas de forma autónoma. As sesións presencias substituiranse por sesións en liña por medio do campus remoto.
=== ATENCIÓN PERSONALIZADA ===
Os estudantes poderán solicitar atención personalizada a través do campus remoto.
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* As probas escritas substituiranse por traballos. |