Emprégase un sistema de cualificación numérica de 0 a 10
puntos segundo a lexislación vixente ( RD 1125/2003 do 5 de setembro, BOE do 18
de setembro). Avaliación continua: En cada tema da materia poderanse expor
exercicios/traballos que permitirán ao alumno obter neles unha cualificación
parcial que lles poderá permitir non realizar total ou parcialmente a parte do
exame final correspondente aos devanditos temas. Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un
comportamento ético adecuado. No caso de
detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos
electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o alumno non reúne os
requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso
académico será de suspenso (0.0). Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo
electrónico durante as probas de
avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo
electrónico non autorizado na aula do exame será considerado motivo de non
superación da materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0). Calendario de exames: Esta información pódese consultar de
forma actualizada na plataforma de
teledocencia. |