Tamén é posible a superación da materia mediante a avaliación de asistencia, exercicios resoltos e/ou traballos tutelados. Compromiso ético: Espérase que
o alumno presente un comportamento ético axeitado. No caso de detectar un
comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparatos electrónicos
non autorizados, e outros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos
necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no
presente curso académico será de suspenso (0.0). Non se permitirá a utilización
de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo
autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non
autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da
materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso
(0.0). |