=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
Lección maxistral: pódese impartir de forma virtual a través do campusremoto.
Prácticas de laboratorio: pódense impartir de forma virtual a través do campusremoto.
Resolución de problemas: o profesor pode dar asistencia ós alumnos de forma virtual a través do campusremoto.
Titorías: o profesor pode titorizar ós alumnos de forma virtual a través do campusremoto.
Non é necesario modificar contidos.
Non é necesario engadir bibliografía adicional.
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
O mecanismo de avaliación se mantén. |