=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
O master xa está adaptado a docencia online. Por tanto, os cambios serán mínimos.
* Metodoloxías docentes que se manteñen
A metodoloxía e a mesma.
* Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
As sesións de titorías realizaranse por medios telemáticos a través do correo electrónico e videoconferencia no despacho virtual do campus remoto. Esta última modalidade baixo cita previa.
* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Sen cambios.
* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
A bibliografía xa ten manuais electrónicos de libre acceso.
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
O único cambio es que, se non pode ser presencial, o exame final farase a través dos exercicios e/ou cuestionarios de FAITIC. Ademais, mentres dure a proba, os estudantado deberán conectarse ao Campus Remoto con cámara. |