AVALIACIÓN CONTINUA A avaliación continua considerarase cando o estudante asistise a máis do 80% das clases AVALIACIÓN NON CONTINUA Con independencia da convocatora (ordinaria ou segunda oportunidade), alternativamente ao sistema de avaliación continua, o estudantado poderá optar a ser avaliado cun exame final que suporá o 100% da cualificación. Os alumnos que non participen na avaliación continua terán que superar un exame que avaliará tanto os coñecementos teóricos como prácticos da materia, así como a presentación de todas as evidencias dos traballos de aula realizados polos alumnos de avaliación continua. En tódalas modalidades de avaliación, é necesario ter polo menos un 5 en cada proba de avaliación Todas as especificacións atoparanse claramente detalladas na plataforma de Teledocencia (FAITIC) no documento 'Condiciones da materia' As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Comisión Académica do Máster para o curso académico. No entanto, o calendario pode ser modificado ao longo do curso por algún imprevisto. Pode consultarse o calendario de exámes na web do MAiE: (http://maiersc.webs.uvigo.es/). Observación: Calquera evidencia de traballos e probas plagiados ou copiados suporá unha cualificación de suspenso nas dúas convocatorias. |