Guia docente 2020_21
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Dirección estratéxica internacional
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Realizaranse dúas probas para avaliar os coñecementos adquiridos sobre a materia durante o curso, probas que se referirán tanto aos coñecementos adquiridos a través da bibliografía de referencia, coma ao desarrolllo e contido das clases teóricas. Para poder optar a esta clase de avaliación será necesario a asistencia ás clases teóricas. Esixirase unha puntuación mínima de cinco puntos (sobre 10) para poder facer a media coa parte práctica 70
Proxecto Será necesario entregar un traballo ou proxecto realizado en grupo para avaliar os coñecementos adquiridos durante o curso. Para poder optar a esta valoración será necesario a asistencia ás clases dos grupos prácticos. Esixirase unha puntuación mínima de cinco puntos (sobre 10) para poder facer a media coa parte teórica 15
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizarase unha ou máis probas de resposta curta ou tipo test para avaliar os coñecementos da parte práctica 15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para a superación da asignatura, hai dous sistemas de avaliación.

A avaliación continua (Requírese a asistencia tanto a clases teóricas e prácticas): Neste caso, o/a alumno/a realizará dous exames parciais libratorios teóricos. Para supéralo requírese unha puntuación mínima de 5 (sobre 10) e o peso destes exames na nota final será o 35% cada un. O outro 30% da nota restante corresponderá a parte práctica e valerá un 15% o examen e un 15% traballo. Neste caso, será necesaria unha puntuación mínima de 5 de 10 en cada parte para superar a asignatura.

Nos casos en que o/a alumno/a decidiu ir por avaliació ncontinua e non superou a asignatura, pode presentarse aos exames oficiais para recuperar a(s) parte(s) que suspendera. Neste senso, gardarase a nota obtida durante o curso da parte que tivera superada (teórica ou práctica), e so presentarase no examen do primeiro período coa parte que ten suspensa. Igualmente, manteranse as partes aprobadas para o examen do segundo período.

Para sucesivas convocatorias de cursos académicos posteriores non se gardarán as partes aprobadas.

Avaliación non continua: En todo caso, nas convocatorias oficiais, e de selo caso, na convocatoria de Fin de Carreira, haberá un exame final da asignatura que constará de dúas partes.Un exame sobre a parte teórica que ponderará un 70% da nota e un exame práctico cunha valoración dun 15%. Neste caso, tamén será necesaria entregar ese mesmo día un traballo realizado de xeito individual que ponderará un 15%. É preciso obter una puntuación mínima de 5 puntos (sobre 10) tanto en teoría como en práctica para poder facera media.

As datas oficiais de exámenes poderán consultarse na web da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo

http://fccee.uvigo.es/es/

As diferencias no método de avaliación que utilizan os centros da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo e a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense obedecen á necesaria adaptación dos idénticos resultados de aprendizaxe propostos e competencias á diferente organización de clases docentes empregada por ambos os dous centros. En todo caso, as ponderacións exactas de cada proba dáranse a coñecer ao principio de curso en faitic.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000