Guia docente 2020_21
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Investigación comercial
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas A valoración realizarase a través da entrega das actividades propostas ou a través da realización dun test. 40
Prácticas con apoio das TIC Avaliarase a realización dos tests propostos en faitic ao finalizar cada tema 10
Exame de preguntas obxectivas Proba escrita que inclúe preguntas directas e breves sobre aspectos concretos dos contidos da materia. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia polo sistema de avaliación continua será necesario obter unha puntuación mínima de cinco puntos. A puntuación obtida na resolución de problemas e nas prácticas con apoio das TIC mantense na convocatoria ordinaria e extraordinaria do curso académico en vigor pero non se gardará para cursos sucesivos.

Alternativamente ao sistema de avaliación continua, o alumnado poderá optar a ser avaliado cun único exame final que suporá o 100% da cualificación. O exame dividirase en dous partes: unha de contidos relativos ás clases teóricas e outra de contidos relativos ás clases prácticas.

O alumnado que renuncie ao sistema de avaliación continua deberá comunicarllo á coordinadora da materia por escrito antes da segunda práctica.

Na convocatoria de fin de carreira o exame suporá o 100% da cualificación.

A data dos exames pódese consultar na páxina web da facultade: http://fccee.uvigo.es
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000