Guia docente 2020_21
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Políticas económicas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Exame escrito. 70
Resolución de problemas e/ou exercicios Para a valoración teranse en conta as actividades realizadas: análise dos principais datos que ofrecen as estadísticas económicas relativas a materia, participación
activa nas discusións, resolución de exercicios, cuestionarios, etc.
30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A nota final da materia
será unha media ponderada do seguimento continuo da materia (exercicios das
clases prácticas, participación, cuestionarios de seguimento, etc. ) e de dous
exames de preguntas obxectivas. A valoración será a seguinte: Exame parcial 25%;
Exame final 45%; Tarefas de seguimento 30%.



A data do exame parcial
notificarase aos alumnos o primeiro día de curso.



Os alumnos que alcancen a
nota mínima de 4 no exame parcial, poderán excluír o contido deste exame no
exame final. Os que teñan unha nota inferior a 4 deberán facer o exame final
con toda a materia (neste caso, o exame final pondera un 70%).



O exame da convocatoria
extraordinaria realizarase do contido de toda a materia, conservando a nota das
actividades realizadas nas clases prácticas (o exame terá neste caso unha
ponderación do 70%).



Alternativamente ao
sistema de avaliación continua, o alumnado poderá optar a ser avaliado cun
exame final que supoñerá o 100% da nota.



Na convocatoria de fin de
carreira, o exame supoñerá o 100% da nota As datas oficiais dos exames finais
serán as que fixe o Decanato.



Poderán consultarse na
páxina web da Facultade de CC. Económicas e Empresariais http://fccee.uvigo.es/

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000