Resolución de problemas e/ou exercicios |
EXAME FINAL:
Proba presencial, na data oficialmente establecida.
Avalíase a adquisición de competencias de coñecemento, a destreza na práctica e a aplicación da lóxica financeira a novas situacións.
Consta de tres niveles: básico, intermedio e avanzado.
|
50 |
|
|
|
|
Na primeira sesión do curso coméntase con detalle os obxectivos de aprendizaxe que se pretenden alcanzar e a planificación semanal das distintas etapas de aprendizaxe. Preséntase a ferramenta de aprendizaxe MOF Virtu@l, na plataforma Faitic (Moodle). O alumnado pode aprobar a materia optando exclusivamente polo sistema de avaliación continua. Para subir nota deberá presentarse ao exame final. De forma alternativa, tamén pode optar por realizar exclusivamente o exame final, que suporá o 100% da súa cualificación. Ambas opcións de avaliación mantéñense na primeira e segunda convocatorias. Non así na convocatoria de fin de carreira, na que o exame suporá o 100% da cualificación. O calendario oficial de exames deberá ser consultado na web institucional da Facultade: http://fccee.uvigo.es/ |