Guia docente 2020_21
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Economía: Microeconomía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame escrito (8 puntos). Realizarase en dúas partes: un exame parcial e unha proba final na data oficial establecida no calendario de exames.

O alumno/a que no parcial obteña polo menos 1,5 puntos sobre 4, poderá examinarse, na proba final, dos temas restantes do programa. Quen non supere este mínimo terá que examinarse de toda a materia na proba final.

O exame final constará de dúas partes: a primeira corresponderase cos temas do exame parcial, e a segunda cos restantes temas do programa. Cada parte valorarase sobre 4 puntos. É condición necesaria: 1) obter como mínimo 1,5 puntos en cada parte para facer a media aritmética simple das cualificacións alcanzadas en cada parte; 2) obter polo menos un 4 sobre 8 para aprobar o exame e poder sumar esta nota á avaliación continua.
80
Exame de preguntas obxectivas Realizaranse, polo menos, dúas probas escritas ao longo do cuadrimestre. Cada unha destas probas valorarase, como máximo, con 1 punto. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000