=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Na FCEE de Vigo, toda a metodoloxía descrita na guía da materia pode desenvolverse de forma non presencial, razón pola que non é preciso cambiala.
* Metodoloxías docentes que se modifican
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
Na FCEE de Vigo, as sesións de titorización poderán realizarse mediante o correo electrónico ou por outros medios telemáticos (videoconferencia, foros de FAITIC, ...) baixo a modalidade de concertación previa.
* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Non son necesarias modificacións dos contidos.
* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
Non se precisa bibliografía adicional. O alumnado dispón de todo o material en FaiTic.
* Outras modificacións
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Probas pendentes que se manteñen Peso anterior (%) Peso proposto (%)
- Resolución de problemas de forma autónoma 20 20
- Preguntas obxectivas 20 20
- Resolución de exercicios 20 20
- Preguntas de desenvolvemento 30 30
- Observación sistemática 10 10
* Probas que se modifican
* Novas probas
Na FCEE de Vigo, si é preciso, cambiaranse os exames finais presenciais (convocatoria ordinaria e extraordinaria) por outros que podan executarse telemáticamente.
* Información adicional
A materia xa estaba deseñada para a avaliación continua utilizando ferramentas telemáticas (principalmente FaiTic), de aí que non sexa preciso modificar nin os contidos nin adaptar os criterios de avaliación (agás ao referido á execución telemática das actividades inicialmente previstas como presenciais). |